martes, 27 de diciembre de 2011

Taller de creación de contos en liña.

O equipo de dinamización da biblioteca escolar e o equipo de TICS deseñaron e levaron a cabo, de forma conxunta e en colaboración cos titores/as, un taller de creación de contos en liña no trimestre que acaba de rematar.

A páxina elexida foi My Storymaker. Resumímosvos, a continuación, as fases do proxecto.


1.- Distribución en pequenos grupos dos alumnos/as nas titorías.

2.- Reflexión e debate sobre certas cuestións a delimitar como as personaxes, o título, o argumento e a realización do storyboard. Para facilitar as tarefas, deseñáronse as plantillas expostas, as cales están en consonancia cos pasos propostos pola páxina escollida.

3.- Representación da historia elaborada a nivel gráfico a nivel online.

lunes, 26 de diciembre de 2011

Un libro, un alimento.

O Rastriño de Nadal foi todo un éxito! Queremos agradecervos a todos/as a vosa colaboración na campaña,así como a demostración dunha conducta, máis que solidaria, nestes tempos difíciles. Este vídeo así o reflexa. Bon Nadal!


video

domingo, 18 de diciembre de 2011

Guía de Nadal.

Estas son as nosas recomendacións lectoras para este Nadal. Algúns exemplares das obras que aquí se aconsellan estarán a vosa disposición, ademáis de na biblioteca do centro, na biblioteca municipal. Desexamos que vos gusten!

sábado, 10 de diciembre de 2011

Unha nova iniciativa solidaria.

A ong española Orbayu ven de propoñer unha iniciativa moi interesante para mellorar as condicións de vida dos habitantes dunha aldea da República Democrática do Congo. Servíndose dun libro infantil titulado "El violín de Pazlús" pretenden recaudar beneficios para realizar diversas obras sociais.

O exemplar básase na historia dun neno que toca o violín para acadar un mundo mellor. Un tenro relato que, de seguro, non nos deixará indiferentes.

Ademáis, o autor e ilustrador é Jacobo Muñiz López, un galego experto non só en darlle forma á fantasía, senón tamén en representar a súa propia visión da realidade.

Se pinchades enriba do título do libro accederedes a súa publicación en issuu.

Rastrillo de Nadal

Chega o noso centro o Rastrillo de Nadal. Unha auténtica exposición de libros que, ata non fai moito, formaban parte dos fondos da nosa biblioteca pero que deben abandonala por proporcionarnos moita da sabiduría que albergaban.

Para participar só hai que traer un alimento non perecedeiro e éste poderá ser intercambiado polo exemplar que máis vos guste. Qué sinxelo!

Deste xeito, ademáis de agasaiarnos cun pouco de lectura ou agasaiar aos demáis, estaremos colaborando nunha iniciativa solidaria coa axuda de Cáritas Carballo, organización que distribuirá os alimentos recavados entre aquelas familias que o precisen.

Esperámosvos o próximo 21 de decembro!!

(Ilustración de Fernando Vicente, publicada en El país.com o 16-12-2006).

Outro ano viaxando...

Aínda que as mochilas comezaron a súa andadura xa en novembro, é agora cando publicamos o seu contido. Esperamos que as propostas vos gusten e que disfrutedes do material.