martes, 27 de diciembre de 2011

Taller de creación de contos en liña.

O equipo de dinamización da biblioteca escolar e o equipo de TICS deseñaron e levaron a cabo, de forma conxunta e en colaboración cos titores/as, un taller de creación de contos en liña no trimestre que acaba de rematar.

A páxina elexida foi My Storymaker. Resumímosvos, a continuación, as fases do proxecto.


1.- Distribución en pequenos grupos dos alumnos/as nas titorías.

2.- Reflexión e debate sobre certas cuestións a delimitar como as personaxes, o título, o argumento e a realización do storyboard. Para facilitar as tarefas, deseñáronse as plantillas expostas, as cales están en consonancia cos pasos propostos pola páxina escollida.

3.- Representación da historia elaborada a nivel gráfico a nivel online.

lunes, 26 de diciembre de 2011

Un libro, un alimento.

O Rastriño de Nadal foi todo un éxito! Queremos agradecervos a todos/as a vosa colaboración na campaña,así como a demostración dunha conducta, máis que solidaria, nestes tempos difíciles. Este vídeo así o reflexa. Bon Nadal!


video

domingo, 18 de diciembre de 2011

Guía de Nadal.

Estas son as nosas recomendacións lectoras para este Nadal. Algúns exemplares das obras que aquí se aconsellan estarán a vosa disposición, ademáis de na biblioteca do centro, na biblioteca municipal. Desexamos que vos gusten!

sábado, 10 de diciembre de 2011

Unha nova iniciativa solidaria.

A ong española Orbayu ven de propoñer unha iniciativa moi interesante para mellorar as condicións de vida dos habitantes dunha aldea da República Democrática do Congo. Servíndose dun libro infantil titulado "El violín de Pazlús" pretenden recaudar beneficios para realizar diversas obras sociais.

O exemplar básase na historia dun neno que toca o violín para acadar un mundo mellor. Un tenro relato que, de seguro, non nos deixará indiferentes.

Ademáis, o autor e ilustrador é Jacobo Muñiz López, un galego experto non só en darlle forma á fantasía, senón tamén en representar a súa propia visión da realidade.

Se pinchades enriba do título do libro accederedes a súa publicación en issuu.

Rastrillo de Nadal

Chega o noso centro o Rastrillo de Nadal. Unha auténtica exposición de libros que, ata non fai moito, formaban parte dos fondos da nosa biblioteca pero que deben abandonala por proporcionarnos moita da sabiduría que albergaban.

Para participar só hai que traer un alimento non perecedeiro e éste poderá ser intercambiado polo exemplar que máis vos guste. Qué sinxelo!

Deste xeito, ademáis de agasaiarnos cun pouco de lectura ou agasaiar aos demáis, estaremos colaborando nunha iniciativa solidaria coa axuda de Cáritas Carballo, organización que distribuirá os alimentos recavados entre aquelas familias que o precisen.

Esperámosvos o próximo 21 de decembro!!

(Ilustración de Fernando Vicente, publicada en El país.com o 16-12-2006).

Outro ano viaxando...

Aínda que as mochilas comezaron a súa andadura xa en novembro, é agora cando publicamos o seu contido. Esperamos que as propostas vos gusten e que disfrutedes do material.

jueves, 24 de noviembre de 2011

O Nadal na aula.

Temos varias sorpresas pendentes conforme se vai achegando o Nadal. Ide abrindo boca con estes exemplares, os cales forman parte do noso fondo bibliográfico. Atoparedes, dende tenras historias con finais felices, ata as máis disparatadas aventuras.

miércoles, 26 de octubre de 2011

Chegou o Samaín a nosa bibliocova!!


Corren tempos escuros na nosa gorida, tempos de bruxas, de curuxas, lobisomes, gatos negros, pantasmas...

Se sodes quen de facerlle fronte, botádelle unha ollada ás recomendacións que temos preparadas. Atrevédevos a disfrutar das lecturas máis terroríficas!


martes, 4 de octubre de 2011

Algúns consellos para ler en familia.

A familia exerce un papel moi importante á hora de instaurar hábitos incluídos, por suposto, os lectores. En liña co curso pasado, éstas son algunhas recomendacións por ciclos para que pais e nais colaboren connosco á hora de motivar ós nenos e nenas a ler.



viernes, 30 de septiembre de 2011

Chegou o outono e con él novos libros que descubrir.


Con esta incrible escenografía Laura Gallego, unha das gañadoras dos Premios Cervantes Chico 2011, presenta a súa última obra. Trátase dunha novela de aventuras que de seguro enfeitizará a moitos dos nosos alumnos/as do último curso. O lobo Seitodo garda varias mostras gratuitas na súa cova, esperando impaciente o próximo 14 de outubro!




Se ousades ler na lingua de Shakespeare, que mellor que coñecer a historia da urraca Margaret. Encántalle os obxectos brilantes pero non está disposta a compartilos. Cómo reaccionarán os seus amigos do bosque?







Deixade que a vosa imaxinación voe ata o corazón deste bosque maravilloso. Descubriredes seres fantásticos escondidos nas láminas.
A ver quen os atopa!

sábado, 16 de abril de 2011

África

Na nosa aventura cruzando o mundo, os nen@s de infantil convertíronse nuns expertos do continente africano. Éstas son algunhas das actividades, creadas para a PDI, coas que ampliaron os seus coñecementos.

miércoles, 13 de abril de 2011

O "Guillermo Tell" de Rossini.

Guillermo Tell foi unha das lendas suizas estudadas. O músico italiano Rossini elaborou unha composición na honra deste heroe.

A flora en Europa

Este curso os nosos pequen@s adicáronse a percorrer o mundo. A biblioteca quixo acompañalos nesta aventura propoñendo actividades en formato dixital.

martes, 12 de abril de 2011

Consellos lectores para pais e nais

Éstas son algunhas prácticas recomendacións, dirixidas aos papás e ás mamás do alumnado do 1º ciclo de primaria, para fomentar os hábitos lectores entre eles. Botádelle unha ollada!

lunes, 17 de enero de 2011

Pechado por catalogación

Neste intre o Lobo Seitodo está a ordenar a súa cova polo que temporalmente está pechada. En poucos días estaremos a pleno rendemento.
Disculpade as molestias.